Favicon Laura Clases Personalizadas

O noso método consiste na idea de “Clases Personalizadas”, un concepto que a día de hoxe publicítase moito pero lamentablemente moi poucos souberon integrar e levar á prática como estratexia na súa empresa.

Laura Clases Personalizadas creouse para cubrir as fallas na ensinanza, procurando resolver as dificultades que amosan os pais cando seus fillos non alcadan o rendemento escolar axeitado.

A nosa atención personalizada baséase no seguinte:

  • Instalacións confortables deseñadas para que os alumnos teñan un bo ambiente de estudo.
  • Trato familiar e cariñoso cara o alumno dende o primeiro día que chega ao noso centro buscando a súa integración no pequeno grupo de compañeiros cos que vai compartir clase.
  • Grupos formados por un número moi reducido de alumnos do mesmo curso escolar.
  • Ó mesmo tempo, buscamos un trato disciplinado que mantén en todo momento o control da clase fomentando o respecto entre compañeiros e cara o profesor.
  • Estudamos o comportamento de cada alumno principalmente ó inicio da súa experiencia no noso centro para coñecer cales son as súas dificultades específicas e tratamos de chegar a él para que entenda con claridade as explicacións.
  • Explicamos todo o necesario a cada alumno tantas veces como sexa necesario para comprobar que entenda os conceptos, e complementámolo con tareas que deben realizar durante a clase e na casa, entregándoos o seguinte día para ser corrixidos polo profesor.
  • Dedicamos o tempo necesario a cada alumno, e se non terminou ou necesita algunha aclaración máis, atendémolo aínda que supere o tempo establecido de clase. A súa formación é o máis importante.
  • Mantemos informados aos pais da evolución dos seus fillos da interese que demostran nos estudos, así como das ausencias non xustificadas, para que saiban en todo momento o grado de aproveitamento que obteñen os seus fillos das clases.

O NOSO ESTILO DE IMPARTIR A ENSINANZA DISTÍNGUENOS DOS DEMAIS

SOMOS UNHA REALIDADE AVALADA POLA EXPERIENCIA DE MOITOS ALUMNOS QUE ACUDIRON A NÓS E SE SENTIRON MOI SATISFEITOS COS LOGROS ACADADOS

GARANTIMOS O ÉXITO DO ALUMNO SE XUNTO COA NOSA AXUDA PON UNHA POUCA DE INTERESE NO ESTUDO